![]()
VILAGARCIA> Satisfacción no concello de Vilagarcía ao coñecer a concesión dunha subvención por importe duns 5 millóns de euros para financiar o proxecto “Vilagarcía Avanza”. Esta achega de fondos europeos, permitirá segundo o alcalde, Alberto Varela, convertir Vilagarcía “nunha cidade innovadora, sostible e atractiva”.
O proxecto “Vilagarcía Avanza” é xa unha realidade. A vila arousá converteuse esta mañá en beneficiaria dunha subvención europea por importe de 5 millóns de euros. A este importe sumaráselle unha achega municipal de 1,2 millóns de euros.
Segundo Varela o seu executivo pretende, tal como se detallaba no proxecto, unha cidade “innovadora, de todos, sostible e atractiva”. O ámbito de actuación abarcará Vilagarcía, Carril e Vilaxoán.
O goberno local abordará con todos os grupos da corporación o destino do financiamento, a partir dos puntos establecidos no proxecto. Entre as inversións previstas, figuran a rede de saneamento, unha bolsa de vivendas para persoas sen recursos ou mellorar a mobilidade, entre outros.
Outra das finalidades é a creación dun portal de transparencia, a renovación da web municipal e garantir o acceso a internet nos espazos públicos.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/03/peza_feder_vilagarcia_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/03/peza_feder_vilagarcia.mp4{/flowplayer}






