VALGA> Os gañadores do concurso austríaco ‘Goldene note’ actuarán en febreiro en Santiago grazas ao concello de Valga e ao Centro Superior de Música. Será no mes de febreiro e toda a veciñanza do municipio poderá asistir como público de balde. Este concurso é todo un fenómeno televisivo en Austria e adoitan facer galas en distintas partes do mundo, pero esta é a primeira vez que actúan en España.
Goldene Note, algo así como ‘A nota de ouro’ é todo un fenómeno de masas na televisión pública de Austria. Deste concurso saen os mellores músicos do país, en disciplinas do máis variado. A sona deste programa é tal que acostuman facer actuacións por distintas partes do mundo. Agora, por primeira vez, chegan a España e fano da man do Concello de Valga e do Centro Superior de Música do municipio.
A gala vaise celebrar o 22 de febreiro no Auditorio de Galicia, en Santiago. Estará conducido por Leona König, unha das presentadora máis populares de Austria. O evento contará con cinco gañadores de distintas edicións do concurso.
Dende o Centro Superior de Música salientan o seguemento televisivo que ten este concurso e tamén o seu gran alcance internacional, con concertos e galas por todo o mundo. Agora, por primeira vez, tamén en España a través da iniciativa valguesa.
Con vistas a que toda a veciñanza de Valga poia gozar deste espectáculo, o concello repartirá entre todos aqueles que as soliciten entradas de balde. Ademais fretará autobuses para viaxar ata Santiago.
Para o público xeral as entradas terán un prezo duns 12 euros. Tamén será retransmitido pola Televisión de Galicia.











