Increméntase o furtivismo en Cabo de Cruz a pesar do mal tempo

    furtivoscabo_100_130308.jpgBOIRO > As concesións nas que traballan os mariscadores de Cabo de Cruz voltan a ser vítima da acción dos furtivos.

    {flowplayer}barbanza/furtivismocabo.flv{/flowplayer}

    Aínda que a afluencia de turistas ás praias durante o verán tradúcese nun incremento dos casos de furtivismo, este problema non é exclusivo da época estival. É máis, nos últimos días e a pesar do mal tempo rexistrado, detectouse a presenza de furtivos nas concesións da confraría de Cabo de Cruz, en Boiro.

    Segundo o patrón maior, Carmelo Vidal, non se trata de xente foránea senón de veciños da comarca que están a esquilmar a riqueza dos bancos, da que viven máis de trescentas familias.

    Os servizos de vixilancia, que patrullan por mar e terra durante día e noite, son insuficientes. Por iso, dende a confraría apelan á sensibilización cidadá para acabar coas accións furtivas dunha vez por todas.

    Redacción Barbanza