A Asociación Mexilloeira Rianxeira pon en marcha o proxecto ‘Mytilus’

RIANXO>  Ademais de mellorar os equipamentos dos que dispón a entidade o proxecto pretende tamén enxalzar o sector bateeiro, tan importante na nosa contorna. Farao grazas ó apoio do GALP Ría de Arousa e o Fondo Europeo Marítimo e da Pesca.

Esta mañá presentábase na sede da Asociación Mexilloeira Rianxeira o proxecto ‘Mytilus’, financiado con cargo ás novas axudas do GALP Ría de Arousa e do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, co que pretende mellorar as súas labores e funcións diarias, favorecendo as relacións cos clientes e provedores, ademais de enxalzar o sector mexilloeiro

O proxecto contempla ademais unha segunda vía de acción, na que se implicará á comunidade educativa, concretamente ó alumnado de 1º de bacharelato do I.E.S. Félix Muriel.

O proxecto ‘Mytilus’ está financiado grazas ó apoio do GALP Ría de Arousa e o Fondo Europeo Marítimo e da Pesca. Terá un carácter bianual, desenvolvéndose ó longo de 2021 e 2022.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí