Lolita Moda achega a Fórmula 1 á comarca do Barbanza

    lolitamoda_100_171108.jpgBOIRO/NOIA > Os afeccionados ó mundo do motor tiveron oportunidade, grazas a Lolita Moda e á firma de roupa McGregor, de ver de preto todo un fórmula 1.

    {flowplayer}barbanza/lolitamoda.flv{/flowplayer}

    O monopraza do equipo AT&T Williams que participou no último campionato do mundo de automobilismo e que foi pilotado polo alemán Nico Rosberg estivo aparcado durante unhas horas en Boiro e Noia.

    A iniciativa partiu de Lolita Moda. Grazas a este grupo de tendas con presenza na comarca, os afeccionados ó motor tiveron ocasión de achegarse ata ben de preto e mesmo fotografarse ó volante deste vehículo de máis de 700 cabalos de potencia.

    Grande expectación

    A proposta, un reclamo comercial disposto pola firma McGregor, proveedor oficial da equipación da escudería, para dar a coñece-la nova colección xa a venda nas tendas de Lolita Moda da comarca en Noia, Boiro e Ribeira, converteuse en todo un espectáculo.

    Sorteo de agasallos

    Ademais pola compra dunha prenda da colección Williams F-1 by McGregor optábase tamén ó sorteo de fantásticos premios como gorras firmadas polos pilotos da escudería ou roupa do propio equipo da fórmula 1, entre a que se atopan pantalóns, cazadoras, polos ou xerseis de gran calidade, caracterizados pola combinación das súas cores corporativas: azul e branco.

    Redacción Barbanza