500 motos daranse cita esta fin de semana na Concentración ‘Sen Frenos’ da Pobra

A POBRA> A Pobra acollerá esta fin de semana a novena edición da concentración moteira ‘Sen Frenos’. Os asistentes disfrutarán dun completo programa con rutas, exhibicións e concertos.

Medio milleiro de motos tomarán A Pobra esta fin de semana para participar na novena edición da Concentración Moteira Sen Frenos. Trátase dunha cita xa consolidada no calendario deportivo da comarca que atrae gran cantidade de visitantes.

Dará comezo o sábado a mediodía coa apertura de inscricións na praza Segundo Durán e a sesión vermú a cargo do grupo de rock Mad Martín. Ás catro comezarán as exhibicións e posteior ruta ata Ribeira que concluirá outra vez na praza pobrense.

Xa o domingo, os participanres realizarán unha ruta que sairá ás doce e media da Pobra para percorrer Boiro, Lousame, Noia e Ribeira onde disfrutarán duns pinchos no restaurante Valverde. De volta na Pobra terá lugar un xantar de confraternidade no que se procederá ó sorteo de agasallos e entrega de premios.