Un camión colisiona de novo coa ponte do tren en Alba

    colision_camion_alba_100_110509.jpgPONTEVEDRA> O condutor ignorou a sinalización de gálibo que prohíbe o paso de vehículos de máis de 3,4 metros de altura.

    {flowplayer}images/salnes/110509_colision_camion_alba.flv{/flowplayer}

    Arredor das doce e media da mañá tiña lugar este accidente que están a ver nas imaxes. Un camión grúa que circulaba pola estrada provincial 225, na parroquia pontevedresa de Alba, quedaba atrapado baixo a ponte do tren. O seu condutor saltouse a sinalización de gálibo que prohibe o paso de vehículos cunha altura superior a tres coma catro metros. Como consecuencia, o camión quedou encaixado na estrutura impedindo o tráfico ferroviario e rodado. Durante catro horas quedou suspendido o servizo de tren entre Vilagarcía e Pontevedra, polo que Renfe tivo que dispoñer un servizo alternativo de autobuses para trasladar ós usuarios desta liña.

    Esta non é a primeira vez que se produce un sinistro similar nesta vía. Sen ir máis lonxe, o pasado 22 de abril outro camión quedaba atrapado na ponte de Alba provocando importantes danos na súa estrutura. A colisión de hoxe agravou este deterioro. Técnicos de Adif desprazáronse ata o lugar para avaliar o estado da ponte antes de permitir a súa apertura á circulación.

    Redacción Salnés