Catoira celebra o vindeiro día internacional forestal plantando árbores

    arbol100_130308.jpgCATOIRA > Co gallo do día internacional forestal que se celebrará o vindeiro 21 deste mes , varios son os concellos que se están unindo ás iniciativas …

    … promovidas pola Consellaría do Medio Rural para conmemorar ese día. Hoxe tocoulle a quenda a Catoira. Os alumnos do colexio Progreso da vila levaron a cabo unha plantación de árbores converténdose así en pequenos agricultores por un día .

    Co obxectivo de colaborar co medio ambiente e manter a nosa masa forestal organizáronse este tipo de iniciativas como esta plantacións se árbores que os alumnos do Colexio de Catoira plantaron con mestría. Parece que a experiencia foi máis que satisfactoria Para a consellería do medio Rural está e unha boa iniciativa para fomentar dende os rapaces os coidados que deber ter coa Natureza e sobre todo cos noso montes, fonte de riqueza paisaxística pero tamén agrícola

    Despois do desastre dos lumes do 2006 que consumiu más da metade dos nosos montes fíxose necesario profundizar nas labores de prevención pero sobre todo de concienciación. Porque os incendios son un problema de todos

     Mañá repetirase esta plantación en Caldas de Reis onde acudirá tamén o delegado de Medio Rural de Pontevedra. Alí tamén se plantarán árbores en sinal á celebración do día internacional forestal. O lugar será en San Clemante, na zona de Faramentáns.

    Redacción Salnés