Preséntase o V Memorial Miguel A. González Estévez

baloncesto250_130308.jpgVILAGARCÍA > A Concelleira de Deportes de Vilagarcía, Victoria Hierro, presentou hoxe diante dos medios de comunicación o V Memorial Miguel Ángel González Estévez, acompañada por representantes da Asociación Deportiva Cortegada. O torneo que dará comezo mañá á tarde, extenderase ata o domingo, día da final.

{flowplayer}images/salnes/baloncesto_130308.flv{/flowplayer} 

Todo listo para que mañá dé comezo o V Memorial Miguel Ángel González Estévez, torneo de baloncesto infantil femininio que reúne esta fin de semana en Fontecarmoa a gran parte dos mellores equipos da categoría de España e Portugal.

Entre os favoritos á victoria final, os tres conxuntos cataláns entre os que sobresae o Mataró, subcampión do ano pasado. Tamén terán opcións o Carmelitas de Ourense á falta de saber o nivel que presente o equipo portugués do Ermesinde. Con todo, este torneo que ven a ser unha mostra máis da boa saúde da que goza o baloncesto vilagarcián.

Aproveitaron a ocasión para felicitarse dos grandes resultados que a Asociación Deportiva Cortegada está a obter este ano, tanto co primeiro equipo, o Extrugasa, como cos da base. Lembraron tamén que o prazo de inscripción para o campus de baloncesto deste verán en Manzaneda xa está aberto para todo aquel que queira apuntarse.

Jose Antonio Gorgoso, membro do equipo directivo do club, falou tamén da posibilidade que hai de que o vindeiro encontro de Liga que o Extrugasa xoga na casa, o día 22 ante o líder Ros Casares, poida pasarse ó 23 domingo pola mañá, para non facer coincidir o partido coa final da Vilagarcía Basket Cup.

Será por tanto unha Semana Santa na que o baloncesto será o protagonista.

Redacción Salnés