O Concello de Vilanova presenta as obras do polígono Industrial

    poligono_100.jpgVILANOVA > O Concello de Vilanova ven de presentar sobre o terreo as obras do polígono industrial de Baión;…

    … unha actuación promovida polo sociedade pública Solo Empresarial do Atlántico e que suporá unha inversión aproximada de case 10 millóns e medio de Euros. O alcalde vilanovés salienta que esta primeira fase contará ca vantaxe competitiva da súa situación xeográfica privilexiada, e ademais estará dotado da máis alta tecnoloxía como será a futura rede de internet de banda ampla municipal.

    O goberno municipal vilanovés agarda que esta infraestructura comece a estar operativa a finais deste ano; e que con ela chegue a creación de ata 1.000 postos de emprego estables e que se converta nunha medida de choque para tempos de crise.

    Os empresarios interesados en adquirir terreo poden solicitar información a través da Sociedade promotora SEA directamente, ou ben, a través do Concello.

    Redacción Salnés