O PSOE acada o 59 % dos votos dos emigrantes galegos

    escrutinio_100.jpgPONTEVEDRA > Onte rematou o reconto dos votos da emigración; ou do que é o mesmo, dos españois incluídos dentro do Censo de Españois Residentes Ausentes.

    Entre os galegos da diáspora o 61 % decidiu dar o seu apoio ó Partido Socialista, que se fai así con 66.000 papeletas máis no global das catro provincias. Nas provincias da Coruña e Pontevedra, o 60 % dos apoios foi a parar a este mesmo partido, recollendo o PP o 35 % restante e o BNG o 3 %.

    Deste xeito cambian as tornas; posto que nos anteriores comicios era o Partido Popular o que gozaba da maioría absoluta cun 59 % dos votos; dos que ahora perde case o 23 %.

    Pero estes resultados non alteran o mapa político galego; o PP sigue en cabeza con 11 escanos, seguido do Psoe con 10 e o BNG con dous. Como é habitual, cando se fala do voto dos residentes no estranxeiro sempre está presente a sombra da dúbida sobre presuntas irregularidades. Tamén desta volta, e segundo se ven de publicar, encontráronse nas sacas votos acompañados do certificado de defunción do mesmo censado.

    Redacción Salnés