O Vicepresidente da Xunta inaugura a Galescola de Poio

    galescola_poio_100.jpgPOIO > Esta tarde inaugurouse en San Salvador de Poio unha nova Galescola, con capacidade para noventa e catro nenos e nenas de ata tres anos de idade.

    Esta infraestructura ven a cubrir unha necesidade longamente demandada neste concello e que se converteu finalmente nunha realidade, logo dunha cumprida colaboración institucional entre o Concello local e a Consellería de Vicepresidencia da Xunta de Galicia.

    O Alcalde Local, Luciano Sobral, destacou que con esta nova creación ía a ser posible neste concello conciliar a vida familiar e laboral daquelas parellas que teñan a sorte de traballar os dous fóra da casa.

    Pola súa parte, o vicepresidente galego resumiu a andaina dos últimos tres anos do goberno da Xunta de Galicia no tocante a creación de Galescolas.Nos últimos tres anos aumentáronse o número de vacantes para escolares de ata tres anos ata os 10.900 prazas; o que significa un aumento do 65 %. Salientou tamén que no último trienio se pasou de 118 escolar ás 210 actuais.

    Asemade, Quintana sobranceou a creación de emprego que supuxo esta nova galescola que deu en 16 novos postos de traballo nesta comarca, a maior parte deles femininos; e virá a unirse ó Consorcio da Rede Galega de Escolas infantís, do que xa forman parte 260 concellos galegos.

    Redacción Salnés