GROVE> No Grove tamén teñen os seus particulares bonos para incentiva-lo consumo local. Chámanse ‘Merca no Grove’ e están impulsados polo concello e Embrobes. Por cada 20 € que se gasten nos comercios da vila, o concello achegará outros dez.
Os bonos ‘Merca no Grove’ inspíranse nos exitosos ‘Son da casa’ de Vilagarcía. O Concello leva tempo buscando unha fórmula para estimula-lo comercio local e agora, por fin, poñen en marcha este incentivo para que os mecos consuman nas tendas da vila.
Os veciños poderán mercar bonos por un valor de 30 euros, pero pagando tan só 20. Os 10 restantes ponos o Concello.
Nestes momentos está aberto o prazo para que os locais se sumen á campaña. O alcalde fai un chamamento a tódolos establecementos para que se sumen á iniciativa.
A intención do Concello é que os consumidores poidan acceder á plataforma para merca-los bonos a semana que vén.
No goberno local xa están a estudar unha segunda fase do proxecto, para continuar impulsando a recuperación económica da vila.