O Club de tenis e pádel da Toxa farase pronto realidade

padel250_170308.jpgGROVE > Aproveitando estas datas de Semana Santa o Gran Hotel da Toxa organiza para a vindeira fin de semana nas súas instalacións deportivas un torneo aberto de tenis e pádel. Unha primeira iniciativa que pretende impulsa-la creación dun club destas especialidades deportivas na Illa da Toxa.

{flowplayer}images/salnes/padeltenis_170308.flv{/flowplayer} 

As pistas de tenis e pádel da Toxa desfrutarán nas próximas semanas dun importante lavado de cara. Despois de estar varios anos olvidadas e descuidadas, o Gran Hotel e o Hotel Balneario Hesperia Isla da Toxa decidiron rehabilita-la zona e convertila nun importante lugar de ocio.

O primeiro paso dado é organización para esta vindeira fin de semana dun torneo de tenis e pádel, aberto a todo aquel que quiera participar. Preténdese ademais que para primeiros maio as melloras e reformas necesarias nas pistas estean rematadas para así poñer en funcionamento o proxecto máis ambicioso, a formación do Club de Tenis e Pádel. O afamado adestrador galego Noly Álvarez, ocuparase da direccióndeportiva do mesmo.

Os precios para facerse socio prometen ser asequibles; aqueles que se apunten poderán desfrutar das pistas, participar en torneos e tamén se o desexan recibir clases.

Esta iniciativa, ademais de ser positva pola propia rehabilitación das pistas, tamén revitalizará de seguro unha zona ata o de agora esquencida.

Redacción Salnés