O Ribadumia renova á metade do plantel do ano pasado

SALNÉS> Continúa a haber novidades sobre todo da Preferente. O que anunciou hoxe nove renovacións foi o Ribadumia, que ata deste xeito a medio plantel do ano pasado. O Arosa, podería anunciar nas vindeiras horas unha serie de fichaxes, aínda que a mellor nova para eles foi a renovación do seu buque insignia, Adrián Camiño.

A nova no Arosa é a renovación do seu capitán e máximo goleador da categoría a temporada pasada, Adrián Camiño. O mediapunta vilagarcián volverá a liderar no campo ó equipo dirixido dende o banquiño por Lino González. O Arosa está á espera de coñecer a resposta ás ofertas de renovación a Comesaña, Josiño e Jorge Pérez. Ademais, o club está a piques de pechar a contratación de catro xogadores, que virían a mellorar o nivel do equipo. Trataríase dun central, un lateral, un xogador de banda e un dianteiro. Fontes do club din que as negociacións están moi avanzadas e que a final desta semana ou comezos da seguinte poderían asinar este catro homes pola entidade vilagarcián. Días clave.

O outro equipo que leva moito traballo adiantado na Preferente é o Ribadumia, que confirmou nove renovacións. Oito delas dadas a coñcer pola mañá, os casos de Juanjo, Lucas, Yago Barciela, Fernando, Manuel Ángel, Santos, Miguel Cobas e Lozano. E a última, coñecida xa pola tarde, a do dianteiro da Illa,

Manu Nieto. Con medio equipo atado, a directiva pretende agora continuar coas negociacións co resto de xogadores do ano pasado. A intención é renovar a catro ou cinco máis e engardille algunha fichaxe que poidera manter ou mellor o nivel futbolístico do plantel.

Redacción Salnés