![]()
SALNÉS> Amegrove mantivo esta fin de semana o liderato da liga. Entre as dúas regatas, os de Porto Meloxo cederon tan só un punto con respecto a Meira e a falta das bandeiras da Pobra e Vilaxoán, teñen o título cada vez máis preto. Onte en Boiro a mellor embarcación foi a anfitriona, Cabo da Cruz.
Vinte anos tiveron que pasar para que os boireses puideran ver de novo unha imaxe como esta, a victoria dos seus na casa. Cabo da Cruz demostrou onte que é o equipo que chega en mellor forma a este tramo final de liga. Os de Gustavo Vázquez, quedáronse ás portas do triunfo en Ferrol, pero onte ca calor do seu público, púxose en cabeza dende o primeiro longo e levouse a bandeira.
Nesa quenda de honra tan só lle puido facer sombra Amegrove, que entrou a oito segundos e tivo que conformarse co terceiro posto. Entremedias sitouse Náutico de Vigo, que fixo unha gran regata dende a quenda anterior. O cuarto posto foi para Meira, que se alonxa do título. Os moañeses gañaron en Ferrol e recurtaron dous puntos a Amegrove, pero onte volveron entrar por detrás da ‘Pabliño’. Os oito puntos de diferencia entre ambas na xeral semellan moitos para recurtar tan só en dúas regatas.
A Bandeira Concello de Boiro deixou tamén unha das imaxes máis curiosas de toda a liga. Na segunda virada da quinta quenda o piqueiro de Chapela desequilibrouse e caeu ó mar. O remeiro foi recollido inmediatamente por efectivos de Protección Civil pero o seu equipo víuse moi lastrado nas viradas e caeu o oitavo posto.
Mecos e Vilaxoán continúan pola mesma liña de resultados. Foron sexta e séptima aínda que onte superadas ambas por Perillo que finalizou quinta. Esteirana fixo unha boa regata e rematou décima. Decimocuarta foi Puebla e decimosexta Rianxo, que volveu a superar ás Xubias.
A fin de semana que ven a liga pon o peche con dúas regatas na Ría de Arousa: o sábado pola tarde na Pobra e o domingo pola mañá en Vilaxoán.
Redacción Salnés








