Silvia Aguete, a muller que fixo historia no fútbol sala feminino

PONTEVEDRA> Outra das deportistas que será homenaxeada mañá pola asociación Amigos de Pontevedra é Silvia Aguete. A gardameta do Poio Pescamar está vivindo un dos seus mellores momentos profesionais. Considerada a segunda mellor porteira do mundo, Silvia está na cume do fútbol sala.

Se hai alguén referente no deporte feminino da nosa comarca esa é Silvia Aguete. Considerada a segunda mellor porteira do mundo no ano 2018 e a primeira na Liga Española durante a mesma tempada, a gardameta pontevedresa está vivindo un dos seus mellores momentos. Iso si, chegar ata aquí non foi fácil.

Con 10 anos Silvia decidiu coller os guantes e non os soltou ata agora. Aínda que polo camiño houbo un pequeno parón. Na tempada 2015-2016, a xogadora do Poio Pescamar decidiu irse a xogar ao Opirata de Moaña para poder rematar os seus estudos.

Iso si, Silvia reapareceu con máis forza ca nunca. No 2018 xogou a fase de clasificación para a primeira Eurocopa coa selección española e este ano proclamouse campioa de Europa en Portugal. Un momento inolvidable para ela.

Con esta traxectoria é indubidable que Silvia é un referente no fútbol sala feminino. Por iso, a asociación Amigos de Pontevedra tiña claro que un dos premios deste ano ía a ser para ela.

Nos últimos anos o fútbol sala e, sobre todo, a categoría feminina, deu pasos de xigante. pero aínda queda moito camiño por percorrer para que xogadoras como Silvia poidan ter máis voz no panorama deportivo internacional. Un oco que ela ganouse a pulso co seu esforzo e a súa dedicación para conseguir situar a este deporte onde se merece.