Gustavo César Veloso adxudícase a Volta a Cataluña

veloso250_260508.jpgSALNÉS > O vilagarcián do Karpin Galicia, Gustavo César Veloso proclamouse vencedor da Volta a Cataluña. Veloso, que partía na derradeira tirada con oito segundos de desvantaxe con respecto ó francés Remí Pauriol, meteuse na escapada boa da xornada e remontou esa diferencia.

O vilagarcián do Karpin Galicia, Gustavo César Veloso proclamouse onte vencedor da Volta a Cataluña. Veloso, que partía na derradeira tirada con oito segundos de desvantaxe con respecto ó francés Remí Pauriol, meteuse na escapada boa da xornada para rematar entrando en meta en segunda posición, 30 segundos por diante do pelotón, tempo que lle servíu para levarse a victoria final.

Un éxito sen precedentes para o ciclismo na comarca do Salnés, xa que a Volta a Cataluña está considerada como a segunda proba máis importante do calendario nacional, só por detrás da Volta a España.

Continúa por tanto a gran xeira de resultados do vilagarcián que este ano ademais xa se levou a o recoñecemento dos seus conveciños coma mellor deportista local do 2007.

Redacción Salnés