Política Territorial mantén o compromiso de abri-la vía rápida antes do verán

    aperturaautovia_100_180308.jpgBARBANZA > Os vehículos comezaron esta tarde a circular por un treito da autovía no que se habilitou un carril de circulación para cada sentido.

    Dende omartes, os vehículos xa puideron circular polo treito da autovía do Barbanza comprendido entre os municipios de Dodro e Rianxo. Trátase da apertura parcial dun tramo de 15 quilómetros e medio de lonxitude, nos que se poderá circular por dous carrís, un para cada sentido de circulación. O enlace de Catoira abrirase tamén provisionalemte nun único sentido, en dirección a Ribeira.

    Extrema-la precaución

    Dado que os operarios de Sacyr seguirán traballando na estrada, dende a Consellería de Política Territorial apelan á precaución dos conductores para que respecten a sinalización de obra.

    Este treito permanecerá aberto ata o remate das obras e soamente se producirán cortes puntuais, se así o require o desenvolvemento dos traballos para garantir a seguridade.

    Cumprimento dos prazos

    Tras supervisar o estado da estrada, a Conselleira ratificou o seu compromiso de de cumprir os prazos establecidos, vovelndo a abrir ó tráfico a totalidade da vía antes de xullo de 2008, e poñendo en servizo a autovía en xaneiro de 2009.

    Por outra banda, María Xosé Caride referiuse tamén ós problemas que están a ocasionar as obras a moitos veciños do Barbanza. A este respecto, a Conselleira insisitu en que existe boa colaboración entre a administración autonómica, a empresa concesionaria e os alcaldes dos concellos barbanzáns para solucionar os problemas xurdidos pero recoñeceu que non sempre se pode responder coa maior axilidade.

    {flowplayer}barbanza/aperturaautovia.flv{/flowplayer}

    Redacción Barbanza