PONTEVEDRA > A plataforma galega de afectados pola tarifa nocturna fixeron entrega de 596 novas firmas na subdelegación …
…do goberno en Pontevedra. Continúan así as súas reivindicacións en contra da supresión da nova tarifa que segundo os afectados suporá un investimento por parte das familias e unha importante limitación da súa potencia eléctrica. A plataforma pedirá unha entrevista co vindeiro ministro de Industria para chegar a un acordo que satisfaga a ámbalas partes
596 son as firmas que nesta ocasión conseguiu recadar a plataforma galega de afectados pola tarifa nocturna despois das 777 que entregaran fai días. Unha loita que comezou tralo anuncio do goberno estatal para suprimir a tarifa nocturna. A nivel autonómico as mocións presentadas polos concellos e polo parlamento galego foron aprobadas e insisten nas importantes consecuencias que conlevará a discriminación da tarifa.
Apelan a exemplos doutros países que si teñen aplicada a supresión da tarifa nocturna pero baixo outro tipo de condicións En principio está contemplado que o goberno subvencione os gastos que supoña a nova instalación , o problema e que moitos particulares xa cambiaron os seus acumuladores, e as compañías eléctricas cobraron xa eses servizos que deben ser gratuítos porque o decreto aínda non entrou en vigor. dende a plataforma poderán axudalos a que reclamen
A través do enderezo electrónico www.tarifanocturna@gmail.com poden pedir toda a información.
Redacción Salnés