Achégase un xornada no apta para cardíacos

futbol250_070308.jpgSALNÉS > Portonovo e Céltiga xogarán importantes partidos contra os últimos dous clasficados polo que terán unha boa oportunidade para afastarse da parte baixa da táboa. Máis da metade dos campos de Terceira estarán pendentes do que pase noutros encontros.

Tódolos partidos son importantes pero os desta xornada se cabe un pouquiño máis, xa que Portonovo e Céltiga, metidos na zona perigosa da táboa, xogan contra equipos a priori asequibles mentres que os seus rivais por evita-lo descenso, Negreira, Pontevedra B e Santa Comba, farano con conxuntos da parte alta da táboa.

Comezamos falando do Portonovo porque será o primeiro en xogar, mañá no Couto ás 17:00 contra o Ourense B. Piscis non poderá contar con Baptiste, lesionado no partido do domingo pasado, pero sí co resto do plantel que sabe da importancia de sumar estes tres puntos.

Unha situación semellante vivirá o Céltiga o domingo no Salvador Otero. O pechacancelas Lemos rinde visita no peor momento da temporada, sumido nunha crise deportiva e institucional. Tavi, Vicente e Cholo están sancionados e non poderán xogar, tampouco Manuel, lesionado. O encontro dará comezo ás 16:45.

Máis tranquila se presenta a xornada para Arousa e Vilalonga; os vilagarciáns viaxan a Santiago sen apenas presión para enfrontarse ó segundo na xeral, o Cidade, no estadio de San Lázaro, onde tentarán da-la sorpresa.

O Vilalonga pola súa banda recibe en San Pedro ó cuarto na táboa, o Cerceda que precisa dos puntos para non descolgarse da loita por meterse no playoff. Será apartires 17:00.

Á mesma hora xogaranse os encontros de Preferente Autonómica que enfrontarán ó Tomiño co Unión do Grove e ó Caselas co Ribadumia.

Redacción Salnés