O Inelga non frea e acada o oitavo triunfo consecutivo

baloncesto250_310308.jpgSALNÉS > Continúa a boa xeira de resultados de Inelga que coa victoria desta fin de semana sumou xa a súa oitava consecutiva. As que non puideron gañar foron as rapzas do Extrugasa, que caeron en Madrid ante o Rivas Futura.

O Extrugasa continúa negado fóra da casa e volveu a amosar o sábado que ten serios problemas para anotar. Sábese que é un equipo que basea os seus partidos na defensa pero as veces non basta só con iso. Ó Rivas Futura, quinto clasificado, foron que de deixalo moi por debaixo dos seus números,  56 puntos, pero aínda así perderon por quedarse elas cuns raquíticos 49.

Nótase a ausencia de Agne Ciudariene na pintura, sobre todo cando Marina Kress non está fina, porque iso evita o xogo interior das vilagarciáns e fai que os seus ataques sexan máis previsibles.

Foron prácticamente todo o partido por detrás no marcador, incluso chegaron a ir quince abaixo no terceiro cuarto, pero aínda tiveron opcións de levarse a victoria. A dous para o remate, a Sara Gómez saíuselle de dentro un triple que as podería ter possto a tres puntos; non foi así, e o final 56-49, unha derrota que non doe tanto sabendo que tamén picaron Olesa e Gran Canaria, polo que manteñen intacta a séptima posición da xeral.

Unha posición que tamén ocupa o Inelga en Liga EBA sobre todo grazas ás oito victorias consecutidvas que levan os de Juan Espiñeira. O sábado recibían ó Maristas Boecillo; non lles puxo sinxelas as cousas o conxunto pucelano, que mandou no marcador ata ben entrado o terceiro cuarto. Ahí, espertou o Inelga, que da man de Pablo Villaronga deulle a volta o electrónico para acabar gañando por quince, 78 – 63.

Outra boa nova foi a volta ás canchas de Marcos Rozas que debutou nesta temporada tras superar unha grave lesión.

Tamén gañou o Establecimientos Otero, desta volta ó Estudiantes de Lugo, por 68-82. Continúan terceiros e cun partido menos, polo que poderíanse beneficiar do picazo do Obradoiro para recupera-la segunda posición na clasificación.

Redacción Salnés