A Mancomunidade do Salnés presenta unha oferta turística personalizada

    inarte100_280308.jpgCAMBADOS > A mancomunidade do Salnés presentou esta mañá un novo producto de promoción turística titulado “O Salnés á medida”…

    … Trátase dunha iniciativa que ofrece unha proposta turística ó gusto do consumidor. A través dun formulario ó que se accede por medio da páxina web osalnés.com poderá dispoñer dun turismo á súa medida. As ofertas compleméntanse cun CD interactivo para nenos onde se poden coñecer os distintos lugares de interese da comarca do Salnés.

    Na súa intención por avanzar, a mancomunidade do Salnés trata de incorporar novos productos que melloren a oferta turística de cara ó exterior. Despois de presentar os xa coñecidos sistemas bluetooth onde se pode descargar gratuitamente tódalas ofertas culturais, gastronómicas e paisaxísticas da mancomunidade do Salnés, ou o sistema de navegación onde podemos ter unha visión aérea dos puntos turísticos máis importantes da comarca e enviar postais dixitais vía sms.

     Co gallo de integrar toda esta información turística coa iniciativa privada de servizos, creouse este aplicación web “O Salnés á medida”, unha iniciativa innovadora onde a oferta turística e os servizos hostaleiros atoparanse unidas no marco das novas tecnoloxías para crear un turismo personalizado. No acto que foi presidido polo presidente da Mancomunidade do Salnés e polo alcalde de Meis Jose Luís Pérez tamén se presentou un CD interactivo para nenos onde por medio dun divertido xogo amósanse os lugares máis importantes da comarca como posibles destinos turísticos. Repartiranse 9.000 unidades en colexios de Santiago e Ourense.

    Para que esta aposta tña toda a repercusión que se busca fai falla o compromiso das administración e do sector hostaleiro para conseguir unha oferta turística máis ampla.

    Redacción Salnés