Medio Ambiente concluirá a 1ª fase do saneamento do río Coroño en 2 meses

    saneamentocoroo_100_31032008.jpgBOIRO > A primeira fase das obras do saneamento integral do Río Coroño podería estar totalmente rematada dentro de dous meses.

    {flowplayer}barbanza/saneamentocorono.flv{/flowplayer}

    Os técnicos de Augas de Galicia supervisaron as obras que se están a levar a cabo na conca do río Coroño para darlle continuidade ó plan de saneamento a través dunha segunda fase.

    Segunda fase

    Tras comprobar o bo ritmo dos traballos que estarán concluídos nun prazo aproximado de dous meses, os responsables do ente autonómico xa están a elaborar o proxecto de execución do segundo tramo.

    Cando estea finalizada esta actuación, darase por saneado o 95 por cento de todo o municipio. A obra será posible grazas á inversión de máis dun millón e medio de euros realizada pola Consellería de Medio Ambiente así como a gran colaboración veciñal.

    Á espera de que se inicie a segunda fase xa se plantexa unha terceira actuación para dar servizo a núcleos de poboación tan importantes como Cures.

    Redacción Barbanza