Tono Campos repite coma mellor deportista do ano no Grove

galadeportemeco250_310308.jpgGROVE >Cine Marino de O Grove acolleu IV Gala do Deporte Meco, unha entrega de trofeos onde os grandes triunfadores foron o Breogán e o Rasoeiro. O momento máis emotivo da noite chegou coa homenaxe ó remeiro recentemente falecido, Miguel Fernandez “Lagarto”.

Por segundo ano consecutivo Tono Campos levouse o premio ó mellor deportista do ano do Grove. Os grandes resultados acadados polo xoven padexeiro do Breogán no 2007 fixéronlle impoñerse na final ós outros dous nominados, ó seu compañeiro de club David Mascato e a Jorge Aguín, ciclista en modalidade de descensos. En categoría feminina recibíu o galardón Vanesa Lois, xogadora de balonmán formada nas categorías base do Rasoeiro.

Precisamente ese traballo coa canteiras servíulle ó Rasoeiro para levarse o premio nesta categoría. Tamén foron recoñecidos Quito Parada, como mellor adestrador e Diego Solla, que foi designado coma mellor deportista masculino amateur, tras moitos anos defendendo a portería do Rasu.

Foron tamén protagonistas da gala Cristian Rivademar e Lara Díaz Valladares, ambos padexeiros do Breogán que foron elexidos como mellores deportistas promesa do ano. Por iso se cadra o premio ó mellor club foi a parar a mans do Breogán.

Destacar tamén noutras categorías os premios a Mecos, pola mellor organización dun evento deportivo, a regata da ACT, ou a José Pérez "o Coxo", por unha vida adicada ó deporte.

O momento máis emotivo da noite foi cando a familia de Miguel Fernández Lores “Lagarto” recibíu unha homanaxe por parte de todos os alí presentes. O remeiro, enrolado durante moitos anos a Mecos, faleceu hai uns meses nun tráxico accidente de tráfico, vendo así truncada unha excelente traxectoria deportiva.

Redacción Salnés