Espérase superar os mil corredores na XL Carreira Pedestre de Noia

NOIA> Ano tras ano, dende fai corenta anos, vense celebrando en Noia a Carreira Pedestre Popular. Polo que, neste corenta aniversario, os organizadores quixeron volver ás orixes da proba, recuperando o circuíto co que comezou. O vindeiro sábado, un setembro, levarase a cabo un percorrido de case oito quilómetros que pasará polo casco histórico da localidade. Unha proba nocturna que atrae cada ano a corredores de toda Galicia. Nesta ocasión, o número de inscritos xa supera ós da pasada edición por estes días. Polo que se espera superar a cifra dos mil participantes. Os corredores terán que completar o circuíto completando dúas voltas ó percorrido. Que terá como lugar de saída e chegada a Alameda. As inscricións estarán abertas ata o próximo xoves, día trinta de agosto. A falta de dous días para que, ás once da noite de comezo unha das carreiras máis importantes da comarca, “A Nocturna” de Noia.