SALNÉS > O Establecimientos Otero continúa a súa boa marcha pola División de Honra nacional. A súa última víctima foi o Ripollet, ó que superou sen problemas. Tamén gañou o Grupo Barros que continúa lider de Segunda Nacional.
Prosegue a boa andaina do Establecimeintos na División de Honra do tenis de mesa nacional. Os cambadeses sitúanse segundos na xeral despois de vencer a un complicado rival como o Ripollet por 4-1.
A destacar foi a actuación de Jacobo Enseñat, que venceu nos seus partidos individuais ó chino Long Li e a Alberto García, e colaborou para levarase a victoria no dobres xunto a Liu Junhui, que fixo o outro punto. L’Escala será o vindeiro rival, conxunto da zona morna da táboa.
Unha división por debaixo, en Primeira Nacional, o Liceo Casino impúxose ó Collosa Valadolid por 1-4, triunfo que lles permite seguir enganchados a parte alta da clasificación. Son agora segundos.
Líder é o Grupo Barros, en Segunda Nacional. Os cambadeses continúan coa súa marcha impecable de cara ó ascenso, suman catro victorias en outros tantos partidos. Esta fin de semana desfíxose sen problemas do Monteporreiro por 4-1, victoria á que aportaron o seu gran de area os tres xogadores: Karol Hasek, Ñajo e Fernando Padín.
Non lle foron tan ben as cousas o Joyería Enrique que volveu a caer por 1-4 ante o San Isidro e sitúase pechacancelas.
Tampouco gañou o Caixanova en Primeira Nacional Femenina e caeu por 1-4 co Collosa. Destacou Gema Cores, que completou unha moi boa actuación acacadando o único punto do seu equipo.
Ademais, en Primeira Galega o Caixa Galicia cedeu ante o Cinania, por 1-4, mentres que o Insucarpi inpúxose ó Arteal por 4-1, polo que sitúase como líder invicto.
Redacción Salnés