Tanxil acollía esta fin de semana a primeira proba do Torneo Provincial Deputación da Coruña

RIANXO> O areal de Tanxil acollía esta pasada fin de semana, en dúas xornadas, o sábado e o domingo, a primeira proba do Torneo Provincial Deputación da Coruña.

A cita, organizada polo Club Voleibol Rianxo e a Federeación Galega de Voleibol, coa colaboración do Concello e o patrocinio da institución provincial contou coa participación de 150 equipos chegados dende diferentes puntos da Comunidade.

O sábado, durante todo o día, disputáronse os encontros para categorías infantil e sub-19, mentres que o domingo, tocoulle o turno ás categorías alevín e cadete.

Todo un éxito de organización, tanto no aspecto deportivo coma de público, reunindo ás mellores parellas en categorías promesa do volei-praia galego.