Cambados acollerá as xornadas “Encontros co comercio”

    encontros100_020408.jpgCAMBADOS > Cambados foi o lugar escollido pola Deputación Provincial o vindeiro 4 de abril para celebrar as xornadas de comercio

    baixo o lema “Encontros co comercio” coas que se pretenden crear un foro de debate co obxectivo de elaborar un plan estratéxico do sector que axude a palía-la crise que atravesa. A xornada contará coas charlas de 10 representantes de cada unha das comarcas de Pontevedra que participan no acto. O invitado especial correra a cargo de Amedeu Barbany, Presidente dos comerciantes de Granollers, Barcelona.

    Co obxectivo de ofrecer o pulo que lle falta ó comercio organízanse estas xornadas denominadas “Encontros co comercio” que contará coa participación de 100 representantes das 74 asociacións de comerciantes que compoñen a provincia de Pontevedra. Organizadas pola deputación provincial, estas xornadas servirán como punto de reflexión para os integrantes do comercio e crear así un foro onde tódalas opinións teñan cabida e elaborar así un plan estratéxico do sector financiado pola deputación

    Esta iniciativa é a continuidade do proxecto europeo xa expirado Mercurio co que se pretendía adaptar os establecementos ós novos hábito de consumo. As xornadas comezarán ás 5 da tarde o vindeiro 4 de abril.O concello de Cambados amosou a súa satisfacción polo encontro

     A área de comercio da deputación provincial é a primeira vez que destina toda a súa partida orzamentaria, ata o de agora 200.000 euros e non se descarta que esa cantidade se amplíe , a proxectos integramente a actividades directas do sector.

     Redacción Salnés