Ribadumia recoñece a labor de Élida Abal, Vieira de Prata 2017

    RIBADUMIA> Ninguén é profeta na súa terra, é a frase que se lle podería aplicar á nosa seguinte protagonista, se lle engadimos, ata que o recoñecemento chega dende case 10.000 quilómetros de distancia. É o espazo que separa Ribadumia de Montevideo, en Uruguai. Lugar de nacemento e lugar de traballo durante sete anos de Élida Abal. Esta mañá o concello de Ribadumia homenaxeou a esta veciña pola súa Vieira de Prata. A vieira de Prata é un recoñecemento concedido polo Patronato da Cultura Galega, e que recibiron persoeiros como Luis Seoane ou Isaac Díaz Pardo, polo seu traballo en prol da defensa da lingua galega. O concello de Ribadumia tivo que enterarse pola vicepresidenta do Patronato hai un mes, que unha das súas veciñas, Élida Abal, era a homenaxeada coa Vieira de Prata 2017. Élida, profesora e filóloga galega, natural de Cabanelas, desde o 2002 ó 2008 impartiu clases de galego no país uruguaio. Enviada pola Xunta de Galicia ó Centro de Estudos Galegos da Universidade da República,entre outra entidades, tamén colaborou no Patronato, onde fixo moitos amigos e pasou momentos entrañables. De ahí que o recibimento da Vieira no mes pasado, fose tamén algo moi emotivo para Élida. O recoñecemento esta mañá por parte do seu concello rematou coa entrega dun ramo de flores, que Élida recibiu acompañada polos seus pais, e coa sinatura da profesora no Libro de Honra do concello de Ribadumia.