CAMBADOS > Un pai de Cambados ven de denunciar o seu fillo de 17 anos por presuntos malos tratos.
Segundo declarou, o seu descendente chegou a golpealo despois dunha lea, que tivo lugar na súa vivenda, situada no primeiro piso deste edificio. Ata este lugar, logo da liorta, desprazáronse unha ambulancia e unha unidade da Garda Civil, que foi o que alertou ós veciños.
Cando os axentes da orde interrogaron ó rapaz, este declarou que fora seu pai quen mallara nel ata o punto que tivo que ser atendido por un centro sanitario, onde lle trataron un ombreiro dislocado.
O fillo asegurou que a convivencia co seu proxenitor era moi complicada, razón pola cal estaba á espera de alcanzar a maioría de idade para liscar da casa. Os veciños aseguran non ter oído nada da pelexa e o caso está sendo levado polo xulgado de Cambados que será quen esclareza o acontecido.
Redacción Salnés