O goberno de Meis convoca un pleno extraordinario para poder construir o centro de saúde na Parga

MEIS> O Goberno de Meis convoca un pleno extraordinario para seleccionar se a parcela do Pazo da Parga é a máis idónea para construír o novo centro de saúde. O equipo de Marta Giráldez toma esta decisión para defender a súa xestión despois de que Sanidade paralizase o protocolo firmado nos terreos da Parga. A alcaldesa acusa ao PP e BNG de deslealdade e os culpa de poñer en perigo a construción do centro de saúde.

Cando todo parecía encarrilado para que Sanidade comezara a construír o centro de saúde de Meis, a situación da un xiro que pon en risco o proxecto. A consellería paralizou o protocolo firmado co concello ao descubrir que había un acordo plenario no que PP e BNG escolleron a finca da Rochela para construír o ambulatorio. Ante esta situación o goberno de Marta Giráldez sae o paso para defender a súa xestión, indicando que esa finca xa fora cancelada pola consellería.

Segundo explican dende o concello, a presentación á xunta fíxose presencial e non por rexistro, co que non teñen xustificante de facela, pero si teñen a contestación da consellería, que indica que o goberno de Meis presentou catro parcelas que non cumprían cos requisitos. Dende o goberno local indican que a da Rochela era unha destas parcelas e defenden a súa xestión e a súa veracidade.

A continuación o goberno local comezou a traballar coa parcela do Pazo da Parga, unha opción que dende a consellería valoraron moi positivamente e pola que ambas administracións comezaron a traballar. Dende o goberno de Marta Giráldez sinalan que as presas por firmar o protocolo eran para poder garantir a compra do terreo. Xa que teñen un acordo coa propiedade que con este retraso pode poñerse en perigo.

Dende o goberno de Marta Giráldez culpan ao partido popular de querer boicotear a construción do centro de saúde e lamentan que o BNG o apoie. Acusan a ambas formacións de desleais.

Ante esta situación e para salvar a construción do centro de saúde, o goberno de Marta Giráldez convoca un pleno extraordinario para presentar a parcela da Parga como a localización idónea.

O pleno terá lugar o martes ás 21 horas. A votación determinará a continuación do proxecto da Parga.