O PPdeG pon en dúdida os datos da Xunta sobre as listas de espera nos hospitais

    auditorialistasespera_100_040408.jpgBARBANZA > O PPdeG reclamará unha auditoría das listas de espera do Hospital da Barbanza ante a sospeita de que a Xunta manipula os datos.

    {flowplayer}barbanza/auditorialistasespera.flv{/flowplayer}

    Os datos foron postos de manifesto polo portavoz parlamentario do Partido Popular, Manuel Ruíz que reclamou un cambio de rumbo na dirección do Hospital comarcal da Barbanza, á quen atribúe en exclusiva este fracaso de xestión.

    Segundo afirmou Ruíz Rivas non se pode permitir que o tempo de espera para acudir as consultas dos pacientes barbanzás tan só sexa superado polos que acuden ao Complexo hospitario Xeral-Calde de Lugo.

    Longa espera

    Segundo o voceiro popular, unha situación semellante se rexistra nas consultas externas, cunha espera de 86 días fronte aos 34 do Hospital do Salnés. Ademáis, engadiu o parlamentario, resulta moi preocupante qu existan máis dun milleiro de mulleres agardando a que se lles realice unha mamografía, proba esencial para a detección precoz do cancro de mama.

    Por este motivo, Ruiz Rivas solicitará no parlamento a realización dunha auditoria destas listas, ante a sospeita de que a Consellería de Sanidade estea manipulando os datos.

    Retraso nas obras

    Asemade, o deputado popular lamentou que a responsable do centro faga un uso político do Hospital. Como exemplo, Ruiz Rivas referiuse ao retraso continúado que acumulan as obras programadas no centro, como a de climatización e construción do heliporto que deberían estar rematadas hai máis de tres anos, xa que foran programadas e comprometidas polo anterior goberno popular.

    Redacción Barbanza