O BNG denuncia o abandono do parquing público de Taragoña, a medio construír

    parquintaragona_100_050308.jpgRIANXO > O BNG de Rianxo vén de amosa-lo seu malestar polo estado no que se atopan as obras do parquing soterrado de Campo de Pazos, en Taragoña.

    {flowplayer}barbanza/parquintaragona.flv{/flowplayer}

    O inicio das obras deste parquing remóntase ó ano 2004. Daquela o executivo rianxeiro anunciara a súa construcción para palia-la falla de estacionamento na zona de Campo de Pazos, moi necesaria debido ó importante dinamismo económico e social existente.

    Van alá catro anos e a actuación aínda non está rematada, a pesar de que o prazo de execución dos traballos estaba establecido en 24 meses, e a obra presenta, a día de hoxe, un estado importante de abandono.

    Segundo os nacionalistas as obras a realizar tiveron un custe de 540 mil euros, dos cales o 70% sería aportado pola Consellaría de Innovación, Industria e Comercio e o 30% restante sería sufragado polo concello.

    Redacción Barbanza