VILAGARCÍA > Os alumnos dos centros educativos de Vilagarcía participaron esta mañá nunha actividade moi ecoloxista con motivo do Día Mundial Forestal.
Plantaron unhas 1.500 árbores para repoboar varias partes do Monte Xiabre. As especies eran caducifolios autóctonos coma carballos, abeleiras, ou cerveiras, que ademais son as que mellor se adaptan ás condicións do solo a repoboar. E é que estas partes do Monte Xiabre, foron unhas das que sufriron as queimas de hai dous veráns.
Os rapaces, case uns 600, seguiron as indicacións dos técnicos dos servizos do concello e tamén dos profesores. A plantación levouse a cabo en dous puntos distintos do monte Xiabre, nas inmediacións do campo de fútbol de Berdón, e nos montes comunais de Trabanca Badiña.
Redacción Salnés