O executivo boirés aplaude a decisión de pospoñer un ano a supresión dos GRUMIR

    grumirboiro_100408.jpgBOIRO > Os alcaldes dos concellos afectados teñen previsto seguir negociando para que se manteñan os GRUMIR con financiación autonómica.

    O acordo de apraza-la redistribución dos Grumir pactado esta semana pola Consellería de Presidencia e a Federación Galega de Municipios e Provincias concede unha prórroga dun ano para a desaparición dos servizos de intervención rápida naqueles concellos que contan con parque de bombeiros. Esta medida, con carácter temporal, satisface ós municipios afectados aínda que a consideran insuficiente. É por elo que os alcaldes seguirán adiante coas negociacións para conseguir que se manteñan o servizo con carácter indefinidio.

    {flowplayer}barbanza/grumirboiro.flv{/flowplayer}

    Entrevista con Méndez Romeu

    Mentres, os servizos seguirán a funcionar con normalidade, mantendo o número de efectivos ó longo deste ano, os alcaldes dos concellos afectados xa teñen solicitada unha entrevista co conselleiro de Presidencia, Xosé Luís Méndez Romeu. A súa intención é solicitar a creación dunha comisión que avalíe a eficacia do servizo que se presta na actualidade e as necesidades propias de cada concello.

    Redacción Barbanza