Vilanova leva a pleno a preocupación dos bateeiros pola Lei de Pesca

    plenovilanova100_100408.jpgVILANOVA > As demandas do sector do mar contra a reforma da Lei de Pesca centrarán o debate do pleno extraordinario …

    … que se celebra mañá ás oito e media da tarde en Vilanova.

    O Goberno local atende así ós escritos presentados pola Asociación de Mexilloeiros Virxe do Rosario de Vilaxoán e pola Confraría de Pescadores A Pastoriza de Vilanova. As principais reivindicacións refírense á renovación de concesións tanto en bateas como en bancos marisqueiros.

    Nos seus escritos, ambos colectivos deixan constancia do malestar e preocupación polos efectos que pode provocar a nova Lei de Pesca neste apartado. Consideran que a nova norma deixa desprotexidos ós productores no momento da caducidade da concesión, favorecendo a entrada de grandes empresas que se poden facer co sector. Para estes colectivos a nova lei prioriza ós que compran fronte ós que levan anos explotando as concesións e que ven nelas o futuro dos seus fillos.

    O goberno de Vilanova considera que as centos de familias que viven do marisqueo e das bateas, ademais de toda a industria auxiliar merecen un respecto. Ó igual que fixeron en Vilanova tamén están presentando escritos noutros concellos, caso de Vilagarcía. O portavoz de IVIL, José Luís Rivera Mallo, entrevistouse onte cos mexilloeiros de Vilaxoán e deulles o seu apoio.

    Redacción Salnés