Búscase a Celestino Rodríguez, un ancián de 86 anos desaparecido

    celestinorodriguez_100.jpgPONTEVEDRA > A Comisaría do Corpo Nacional de Policía de Pontevedra solicita a colaboración cidadá para localizar …

    celestinorodriguez_200.jpgPONTEVEDRA > A Comisaría do Corpo Nacional de Policía de Pontevedra solicita a colaboración cidadá para localizar unha persoa de avanzada idade. O ancián chámase Celestino Rodríguez Rodríguez, ten 86 anos, e o seu último domicilio coñecido é na Rúa Altamira, número 5 de Pontevedra. As súas características físicas son 1.82 cm de estatura, complexión forte, pelo escaso e branco, ollos castaños e nariz puntiaguda.

    O pasado día 8 de marzo, axentes do Corpo Nacional de Policía dirixíronse a un domicilio sito na rúa Altamira onde unha muller solicita a axuda porque facía aproximadamente un mes que non sabía nada do seu pai e temía que lle tivese ocorrido algo. Como ninguén contestou ás chamadas do timbre precisouse a intervención dos bombeiros de Pontevedra que lograron acceder ó piso a través dunha ventana. No interior non se atopou a ningunha persoa e ademais o piso presentaba un estado de abandono aparente.

    Tralas primeiras investigacións constatouse que as últimas noticias que se teñen de Celestino son do pasado día 21 de xaneiro, cando foi asistido por unha caída na vía pública, aínda que non foi trasladado a ningún centro sanitario. Por iso, desde a Comisaría se solicita colaboración cidadá que poida aportar algún dato sobre o actual paradoiro de Celestino, comunicándoo ó teléfono 091, operativo as 24 horas do día.

    Redacción Salnés