Nove locais hostaleiros participarán esta ano na ruta de tapas da Pobra

POBRA> A actividade organizada pola Asociación de Empresarios e o Concello desenvolverase durante toda a Semana Santa. Un ano máis, a asociación de empresarios da localidade en colaboración co Concello volve organizar o concurso de tapas ‘Destápate’ co obxectivo de dinamizar a hostalería durante unha época de gran afluencia de visitantes como é a Semana Santa. Á inicitiva súmanse este ano dez establecementos, unha cifra lixeiramente inferior á de anos anteriores, que ofrecerán ós seus clientes de xoves e domingo, unha tapa especial a un prezo de dous euros. Dende o Concello aplaudiron esta iniciativa de cara a dinamización da actividade económica da vila. Os clientes deberán conseguir alomenos catro selos nos diferentes locais participantes para así poder entrar no sorteo de cinco vales de compra valorados en cincuenta euros cada un. O sorteo para coñecer os gañadores terá lugar o seis de abril ás oito da tarde nos propios locais da patronal pobrense.