O derbi de Sanxenxo máis apaixoante que nunca

futbol250_110408.jpgSALNÉS > Estamos xa no tramo final de temporada e cada victoria agora é importantísima. Entre tódolos partidos destaca o derbi entre Portonovo e Vilalonga. Uns precisan os puntos para a permanencia e os outros para non deixar de soñar coa fase de ascenso.

Domingo 17:00, ou o que é o mesmo, un dos momentos máis agardados do ano. Chega o derbi de Sanxenxo, o Portonovo Vilalonga, en Baltar con dous equipos inmersos en dúas loitas ben diferentes.

Os locais precisan dos tres puntos para mante-la marxe relativamente ampla da que agora desfrutan sobre o descenso. Son cinco puntos, pero non se poden relaxar xa que se o final se confirma o descenso dende a 2ªB do Ourense, serían catro os equipos que perderían a categoría.

Máis tranquilo nese sentido está o Vilalonga, que despois das últimas cinco victorias consecutivas sitúase agora a tres puntos do cuarto clasificado. En tan só un mes pasaron de non pelexar por nada, a facelo pola fase de ascenso.

Sobre o céspede o domingo estarán case todos; por parte dos locais tan só son dúbidas Curiel e Baptiste, que arrastran molestias dende hai semanas e nesta adestráronse a menor ritmo que os seus compañeiros. Polos visitantes perderanse o derbi Alex Gomez e Albert. Prevese, coma en todos estes partidos, que se enchan as bancadas de Baltar para acoller un partido de alta voltaxe.

Non tan intenso pero sí moi disputado será o Narón – Céltiga. Os locais queren asegurarse matemáticamente a promoción de ascenso; os da Illa, a tratar da-la sorpresa e seguir coa súa escalada que os está a afastar un pouquiño dos postos de perigo.

O maior dos problemas estará no poder ofensivo do Narón, que dispón nas súas filas dos tres máximos goleadores da cateogría: Cúellar, Rubén Pardo e Juanito. O partido, mañá ás 19:00

Menos apurado vai o Arousa. Aínda precisa dunha victoria para asegurarse matemáticamente a permanencia e terá esta fin de semana na Lomba unha boa oportunidade ante o Betanzos, o domingo ás 17:00. A ver se non inflúe no plantel a polémica que rodeu o club esta última semana polos seus problemas coa xustiza.

Destacar tamén os encontros que se han disputar esta fin de semana en Preferenete Autonómica: Ribadumia – Pontellas; Cultural Areas – Unión do Grove, ambos o domingto ás 17:30.

Redacción Salnés