A derrota en Ibiza complica a permanencia ó Est.Otero

tenisdemesa250_270110.jpgCAMBADOS> Estes días disputouse a undécima xornada nas ligas nacionais e a duodécima e última nas rexionais. O máis destacado foi a derrota do Establecimientos Otero en Ibiza, que fai que se complique a permanencia.

O Establecimientos Otero complicouse a permanencia esta xornada tras perder en Ibiza fronte o Santa Eulalia por 4-2. Derrota inesperada ante un equipo que só sumara un triunfo no que vai de liga e que fai que os cambadeses queden enganchados na séptima praza con tan só un partido de vantaxe sobre o descenso.

Tan só Liu Junhui foi quen de sumar para o equipo, venceu nos seus dous partidos por 3-0 mentres que Adrián Vidal e Eduardo Barreiro non estiveron ó nivel agardado e caeron con claridade nos seus partidos. Terá que poñerse as pilas o Establecimientos Otero, que terá as vindeiras semanas dous partidos importantes na casa ante dous rivais directos pola salvación: primeiro chegará o pechacancelas Igualada e logo recibirán ó Falcons, que como os cambadeses suman tres victorias en once partidos.

En Primeira Nacional o Caixanova Cambados a piques estivo de dar a sopresa e vencer ó lider Padronesa. Ó final caeron por 3-4 nun partido no que se notou o debut de Jacobo Enseñat, que ante a baixa de Alexis Tovar formará parte do equipo para tentar a permanencia. Agora mesmo ocupan praza de descenso.

Mentres o Liceo Casino caeu á cuarta praza da xeral despois de perder por 4-2 na súa visita ó Vincios, que o supera deste xeito na xeral.

En Primeira Femenina o Caixa Galicia descansou esta semana.

Ademais, remataron as ligas rexionais. En Primeira Galega o Grupo Barros venceu por 2-5 ó Diario de Pontevedra polo que estará no gruo de ascenso. Neste mesma división tanto o Joyería Enrique como o Charol perderon ante o Vincios polo que loitarán na segunda fase pola salvación.

Na Terceira Galega o Chinelas impúxose ó Monteporreiro B por un contundente 7-0, polo que os cambadeses tamén se meten na fase de ascenso.

Redacción Salnés