Chega a XV Bandeira Traíñas Concello Rianxo

RIANXO> Un total de doce clubes de toda Galicia competirán este domingo vintedous de xullo na decimo quita edición da Bandeira de Traiñeiras Concello de Rianxo. Unha proba que organiza o Club de Remo de Rainxo en colaboración co concello, puntuable para a Liga Galega de Traiñeiras. A regata comezará as doce menos cuarto da mañá e rematará a unha da tarde coa entrega da Banceira ó Club vencedor. Como gran novidade, este ano instalarase unha pantalla xigante no peirao para seguir a proba a tempo real dende terra. Un recorrido de máis de cinco mil metros en augas da enseada de Rianxo, no que o Club de Remo de Rianxo espera acadar un bo resultado. Destacar tamén que os vindeiros catro e cinco de agosto, o Club de Remo de Rianxo organizará a Festa do Mexillón, co fin de exaltar o producto e recaudar fondos para o club.