O Portonovo empata in extremis o derbi ante o Vilalonga

futbol250_140408.jpgPORTONOVO > Gran espectáculo o que se puido ver en Baltar entre dous equipos que precisaban da victoria pero que se tiveron que conformar co empate. O Arousa pola súa banda sumou tres puntos que lle dan a permanencia.

O agardado derbi entre Potnovo e Vilalonga respondeu ás expectativas. Houbo xogo, goles, moita intensidade e sobre todo un excepcional ambiente nos graderíos de Baltar, que onte enchéronse de afeccionados.

O encontro veu marcado polo tempraneiro gol acadado polo Vilalonga, no minuto 6, cando Jorge Comesaña botaba unha falta que petaba na barreira e despistaba ó porteiro local Marcos.

Froito deste gol o Portonovo víuse obrigado a leva-lo ritmo de encontro e o Vilalonga atopou unha excelente excusa para agardar no seu campo e saír ás contras; pese a que os locais tiveron boas opcións para empatar sería o Vilalonga quen ampliase diferencias no marcador xa na segunda metade cun tanto de Saúl.

Con 0-2 e a falta de quince minutos para o remate, todo semellaba decidido, pero ahí durmíuse o Vilalonga e tivo fe o Portonovo, que empatou o encontro primeiro cun tanto de Nacho, á saida dun córner, e depois por mediación de Melchor, a tres para o noventa.

Reparto de puntos que contenta ó Portonovo, xa que o mantén lonxe do descenso, pero que serve de moi pouco a un Vilalonga que ve como o playoff de ascenso o ten agora a cinco puntos.

Pola súa banda o Arousa venceu pola mínima ó Betanzos na Lomba. Esta victoria outorga virtualmente a permanencia ó equipo de Laxes, que suma agora 43 puntos. Chiño acadou o único gol do encontro no ecuador da segunda metade, aínda que antes, Roberto Pazos, que onte volvía o equipo, tivo que emplearse a fondo para deterlle un penalti o xogador do Betanzos Dani.

O que non foi quen de gañar foi o Céltiga, o sábado ante o Narón, un dos galos da categoría. 2-0 para os coruñeses cos tantos de Manel e Batalla na recta final de cada un dos tempos. Os resultados dos seus rivais directos onte, outorgan os de Manuel Núñez unha vantaxe de catro puntos sobre o descenso.

En Preferente Autonómica o Ribadumia continuad e capa caída e perdeu na casa por 2-3 co Pontellas, mentres que o Unión do Grove venceu a domicilio 1-2 ó Cultural Areas.