Taragoña acolle este sábado o XXIV ‘Autocross O Castro’

RIANXO> A proba, organizada pola Escudería Rallyactividad, en colaboracion co Concello, será puntuable para o campionato galego da especialidade.

Ó redor dun medio cento de pilotos tomarán parte este sábado na 24 edición do Autocross O Castro en Taragoña. A proba, organizada pola Escudería Rallyactividad, será puntuable para o Campionato Galego da Especialidade, e nela haberá tres categorías en competición.

Dende o Concello, que colabora na organización da proba, destacaron a importancia deste evento, que se recupera trala pandemia.

Dende a organización quixeron agradecer tamén a axuda das distintas empresas e casas comerciais que colaboran coa proba, que fan posible poder desenvolver un evento destas características.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí