SALNÉS> Iníciase a liga no tenis de mesa co debut na casa tanto de Establecimientos Otero como do Liceo Casino. No futbol sala os representantes do Salnés buscan a súa primeira victoria da temporada mentres que no balonmán o Rasoeiro recibe o Explotacións Mineiras do Morrazo, e o Asmubal Meaño ó BM Chapela.
O Viajes Interrías afronta a terceira xornada ligueira coa necesidade de vencer, logo de sumar un único punto nas dúas primeiras. Os de Ramiro López reciben ó Avilés, conxunto descendido dende División de Prata e que conta cun xogador qure marca as diferencias na categoría como Neto. Por parar a este pívot, pasarán gran parte das opcións de victoria. Recuperados Pibe e Marsillas, o equipo afronta o encontro sen baixas.
Unha categoría por debaixo, o Grupo Junquera visita ó líder da categoría, o Mosteiro Bembrive, con gañas de recuperarse do mazazo que supuxo a derrota na primeira xornada. Acuden á cita sen baixas.
No balonmán, o Rasoeiro recibe mañá a partires das 19:15 en Monte da Vila ó Explotaciones Mineras del Morrazo. Os de Óscar Arosa queren sumar a súa primeira victoria da temporada despois de dous partidos nos que se quedaron ás portas do triunfo.
Na Copa Federación, o Asmubal Meaño recibe mañá ás 19:00 no pavillón de Coirón ó Balonmán Chapela. Os de Pedro Pérez defenden o liderato do grupo Sur ante un equipo da súa mesma categoría, segunda autonómica, e que non porá as cousas tan sinxelas como os rivais anteriores. David Pereira e Fran son baixa no conxunto meañés para este choque.
Esta fin de semana dá comezo a competición no tenis de mesa. O Establecimientos Otero debuta en Primeira Nacional ante un dos claros candidatos ó ascenso, como o Monteporreiro. Cos pontevedreses estará un vello coñecido como o chino Liu Junhui, que cambiou de aires. Por parte cambadesa actuarán Kazeem Ahmed, Adrián Vidal e Fernando Padín. O encontro celebrarase a partires das 18:00 no pavillón de San Tomé. O Liceo Casino, pola súa parte, debutará tamén na casa ante o Vincios.
Para esta fin de semana estaba programado o inicio das actividades encradadas dentro do evento Mararousa, sen embargo a previsión de mala climatoloxía fixo que a organización decidise suspendelas sen aínda concretar unha nova data de celebración.
Redacción Salnés