Playoff asegurado tras vencer agónicamente ó Olesa

baloncesto250_140408.jpgSALNÉS > O Extrugasa venceu ó Olesa Español de Barcelona e asegurou a súa presencia no playoff polo título. Foi un auténtico partidazo o que se vivíu en Fontecarmoa que non se resolveu ata os segundos finais. Pola súa banda o Inelga non puido co líder e caeu derrotado dez semanas despois.

A falta de dúas xornadas para o remate da temporada regular, o Extrugasa xa sabe que estará entre os oito mellores equipos que se disputen o título na Liga Feminina.

E o está despois de gañar o sábado ó Olesa Español, rival directo nesa loita, nun encontro trepidante que resolveuse a falta de tres segundos para o final, cando María Asurmendi anotaba dous tiros libres que poñía en vantaxe ó seu equipo.

Antes, foi un auténtico toma e daca, no que case sempre estiveron por diante as catalanas. Acadaron as primeras rentas xa no primeiro cuarto e as fixeron maiores no terceiro, cando chegaron a ser de ata once puntos. Pero como ven sendo habitual as xogadoras do banquiño saíron ó rescate, liederadas por unha excepcional Sara Gómez, que firmou 21 puntos e derrochou pundonor á hora de defender. Con Asurmendi dirixindo ó equipo á perfección e Katia e Miriam moi acertadas en ataque déronlle-la volta ó electrónico no último cuarto e chegaron a estar sete arriba; ó final houbo que sufrir, pero Asur non errou e a victoria quedou na casa despois dun axustado 86-85.

Triunfo moi traballado sobre todo despois de ver que Kiesha Brown, a referencia ofensiva do equipo quedouse sen anotar. A pívot do Olesa Willingan foi a máxima encestora do encontro con 30 puntos.

Pola súa parte o Inelga non puido colleitar a súa décima victoria consecutiva e caeu na casa ante o Domo Residencial Oviedo por 62-74. O de Juan Espiñeira estioveron metidos no encontro ata o final; chegaron ós cinco último minutos con empate no marcador, pero un último arreón visitante levou a victoria a Asturias. Esta derrota alonxa definitivamente ós vilagarciáns do playoff.

Destacar tamén a victoria do Establecimientos Otero ante o Hotel Villamartín por 77-58 o que os empata na clasificación ó segundo clasificado Obradoiro Optica Val, que onte caeu en Arzúa.

Redacción Salnés