Xuntanza pouco productiva entre Louzán e Touriño

    louzn_tourio100_140408_08.jpgPONTEVEDRA > O titular da deputación de Pontevedra, Rafael Louzán e o presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño mantiveron hoxe unha xuntanza

    … xunto cos demais rexedores das restantes tres provincias galegas. Dende a deputación de Pontevedra, o vicepresidente Jose Manuel Figueroa valorou a reunión como pouco productiva, sobre todo pola rapidez do encontro e polo pouco interese mostrado, segundo afirma Figueroa polos asuntos que importan ós veciños da provincia de Pontevedra.

    Corenta e cinco  minutos de encontro para tratar os temas máis importantes das 4 deputacións de Galicia. Rafael Louzán que representa á entidade de Pontevedra saíu do encontro decepcionado sobre todo pola pouca previsión da Xunta ó organizar contra reloxo a convocatoria e a elaboración das directrices polas cales ía transcorrer a xuntanza. En verbas do vicepresidente da deputación, Jose Manuel Figueroa, foi o prematuro debate público da xuntanza a causa do imprevisto.

    Aínda así, Louzán aproveitou a visita fugaz para expoñerlle ó rexedor autonómico, Emilio Pérez Touriño os temas máis importantes , que con máis urxencia precisan da colaboración da Xunta de Galicia, como é o plan de infraestructuras, os diferentes consorcios, ou o pacto local.

      Figueroa manifestou tamén que o obxectivo primordial do presidente da deputación será concertar unha entrevista en solitario co presidente da Xunta de Galicia para analizar en profundidade os temas de grande relevancia para Pontevedra, que están dirixidos fundamentalmente na procura de financiamento .

    Redacción Salnés