Reabre a pesca accidental da xarda trala cesión de cota da flota vasca

    PORTO DO SON> O País Vasco cedeu cento vinte toneladas de xarda á flota galega de artes varias que viña sufrindo as consecuencias do precipitado peche da campaña. Deste xeito, a partir de mañá poderá retomar as capturas accidentais desta especie. A Federación Galega de Confrarías celebra a cesión de cento vinte mil quilos de xarda do País Vasco a Galicia. Grazas a este traspaso, a flota de artes varias poderá reabrir este mércores as capturas accidentais despois de que se viran obrigados a pechar a campaña ó esgotarse a cota. Aínda que son conscientes de que esta cesión, que se traducirá en trescentos quilos semanais, segue a ser insuficiente, dende a Federación consideran de gran importancia a reapertura das capturas accidentais para as embarcacións que andan ás betas ou miños. Destacan ademais que se trata dunha cesión desinteresada por parte da flota vasca e non dun intercambio de cota entre comunidades.