RIBEIRA> Coa mobilización pretenden volver a amosar o seu rexeitamento á proposta pola modificación do Regulamento de Control das Embarcacións por parte da Unión Europea. A data fixada para este paro será o próximo venres 14 de maio, unha vez consultadas tódalas confrarías. Ese día volverán a realizarse concentracións nas zonas portuarias ás doce da mañá.
O éxito da primeira convocatoria, cun respaldo masivo do sector, foi unha das razóns que levou á Federación Galega de Confrarías a volver a convocar unha nova xornada de paro. Está previsto celebrala o vindeiro 14 de maio, ás doce da mañá. Con este acto reivindicativo quere seguir mostrando o seu rexeitamento ó novo regulamento de control da pesca da Unión Europea, ó consideralo lesivo para os intereses da flota artesanal.
Dende a Federación de Confrarías confían en que haxa unha reconsideración desta medida, ó considerala desproporcionada, que levará á desaparición da actividade. Aínda que dende o sector non as teñen todas consigo.