ADEGA recolle sinaturas para presentar unha ILP en defensa do monte galego

RIBEIRA> A asociación ecoloxista ADEGA, en colaboración coa CIG, vén de iniciar unha campaña de recollida de sinaturas para a presentación dunha Iniciativa Lexislativa Popular en defensa do bosque autóctono. O obxectivo de Cousas de Raíces, impulsora do proxecto, en colaboración do diversas organizacións como ADEGA e a CIG, é alcanzar e mesmo superar as dez mil sinaturas necesarias para a presentación dunha Iniciativa Lexislativa Popular no Parlamento que permita o desenvolvemento de políticas agrarias e forestais en defensa do bosque autóctono. A futura lei centraríase en tres liñas de traballo que buscan facer fronte ós incendios forestais:a ordenación da superficie forestal controlando a proliferación de especies pirófilas como o eucalipto favorecendo a conservación do terreo agrario, o incremento das medidas de prevención e a conservación das especies autóctonas nos bosques galegos. Aínda que xa se teñen recollido numerosas firmas, ADEGA e a CIG desenvolverán nos próximos meses numerosos actos informativos na comarca para dar a coñecer a iniciativa.